Exposición “A Muralla no museo”

Publicado: Xoves 16 Decembro 2010
Area: Cultura Eventos

A sala de exsposicións do auditorio Carmen Estévez ofrece a partir do venres 3 de decembro ao 6 de xaneiro (inclusive), a exposición conmemorativa do décimo aniversario da declaración da muralla de Lugo como patrimonio da humanidade. Esta exposición consta de dúas partes: unha mostra arqueolóxica baixo o título “A Muralla no Museo” con paneis e fotografías que amosan os materiais epigráficos atopados na muralla custodiados polo Museo Provincial de Lugo e outra de fotogrfía: “The Wall_ A Muralla” de Peter Scheneider.

A exposición permanecerá aberta en horario de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 23:00h todos os días (inclusive sábados e domingos).