Eternia

Publicado: Luns 5 Xaneiro 2015
Area: Cultura Eventos

A esperada mediametraxe «Eternia» xa ten data de estrea, será no Auditorio Municipal de Vilalba o próximo sábado 10 de xaneiro ás 20.00h. A capital chairega é a elixida para comezar o tour que levará a Cool Films a percorrer todo o ámbito xeográfico autonómico, nacional e internacional. Con entrada gratuíta, ata completar aforo. Poderase recoller as entradas de balde na casa da cultura en horario de 11.00h a 13.00h e de 17.00h a 20.00h a partir do mércores  7, e no auditorio o día da proxección.

Non recomendada para menores de 7 anos.

Para consultar máis información pode visitar páxina://www.youtube.com/watch?v=wpWKwtFApi0

Sinopse.
Conta a lenda que os druidas da Gallaecia, reunidos no Bosque Sagrado, foron masacrados por un equipo de combate romano enviado polo Senado para dominar a
todas as tribus castrexas. Un deles, o druida de druidas, Aius, non acudíu a reunión e salvou a súa vida. Os soldados de Roma inician a búsqueda do druida e o discípulo, que habitan nunha aldea xunto a antigos guerreiros celtas.

Reparto:
Erica González Miguel
Anxo Manoel
José María Castro
Vicente Roca
Beatriz Serén
David L.Caldeiro
Jesús Patón
Suso Meilán