Este Nadal Os Bolechas Cantan con Lady Vina

Publicado: Martes 3 Decembro 2013
Area: Cultura Eventos

Este Nadal os Bolechas cantan con Lady Viana, un trepidante e dinámico espectáculo que xira en torno ao universo dos irmáns Bolechas e a súa inseparable mascota Chispa, no que se mesturan, aventuras e cancións orixinais de Os Bolechas a través dos personaxes (muppets) da serie da TVG, interpretados por un elenco de sete actores manipuladores e máis a participación en escea de outros dous actores presenciais.

 Deste xeito, fusiónanse monicreques e teatro convencional, para crear un orixinal espectáculo, no que se interactúa constantemente co público.

Espectáculo que terá lugar o mércores 8 de xaneiro do 2014 no auditorio Carmen Estévez ás 18.30h.

ENTRADAS  A TRAVÉS DE SERVINOVA

Venta anticipada: ata o día 9 de decembro ás 23,59 h: 10 €
A partires do día 10 de decembro, ás 00,00 h: 12 €