ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2012-13

Publicado: Luns 24 Setembro 2012
Area: Deportes Eventos

O vindeiro luns 24 de setembro comeza o único prazo de inscrición para as escolas deportivas, que permanecerá aberto ata o venres 5 de outubro.

As inscricións formalizaranse entre as 9:30 e as 14:30 na oficina de deportes do Concello, cubrindo o tríptico correspondente e pagando a tasa única anual de 50 €.

Como novidades, con respecto a edicións anteriores, destacamos a oferta de duas escolas deportivas novas:
– Psicomotricidade Infantil (para nados entre o 2008 e 2006)
– Iniciación Deportiva (para nados entre o 2005 e 2001)
Para descargar o tríptico de inscición preme o seguinte enlace:
tríptico_escolas_deportivas_2012-13