ESCOLAS DEPORTIVAS 2016-17

Publicado: Venres 9 Setembro 2016
Area: Deportes

cartel-escolas-deportivas-2016O vindeiro luns 12 de setembro comeza o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de Vilalba, o cal, permanecerá aberto durante 15 días ata o 23 de setembro de 2016.

Unha das novidades, entre outros pequenos axustes e modificacións, é o adianto do inicio do curso 15 días, polo tanto este ano as clases/adestramentos comezarán o luns 3 de outubro de 2016. Premendo nas seguintes ligazóns pódese consultar os horarios, idades e lugar de celebración de cada unha das actividades, así como descargar os trípticos de inscrición, dos cales, existen dous modelos: o tríptico A, para as 12 disciplinas que conforman as escolas  que se desenvolven nas instalacións deportivas do nucleo urbano e o tríptico B para as escolas de psicomotricidade e iniciación deportiva que se levan a cabo nas actividades extraescolares dos colexios do medio rural.

Nos trípticos especifícanse todos os requerimentos para solicitar a inscrición nas distintas modalidades deportivas.

triptico-a-escolas-deportivas

triptico-b-medio-rural

horarios