ESCOLAS DEPORTIVAS 2015-16

Publicado: Venres 18 Setembro 2015
Area: Deportes

CARTEL ESCOLAS DEPORTIVAS WEBO vindeiro luns 21 de setembro, ábrese o prazo de inscrición para as escolas deportivas municipais 2015/2016. Para formalizar a matrícula, débese  cubrir o folleto de inscrición e adxuntar o certificado bancario da conta corrente, entregando toda a documentación na oficina de deportes, 2º andar, en horario de 09:00 h a 15:00 h, antes do 2 outubro, data na que remata o período de inscricións.

A forma de pago é mediante domiciliación bancaria (posibilidade de fraccionar o pago en dúas cotas). A duración das actividades rexiráse polo calendario escolar, respetando os paróns vacacionais. O comezo das actividades está previsto para o 13 de Outubro de 2015 ata o 31 de Maio de 2016.

TRIPTICO_INSCRICION

HORARIOS DAS ACTIVIDADES

Este horarios son orientativos, polo que poden sufrir variacións unha vez formalizada a inscrición. Nembargantes, existe un período de proba inicial ata o 30 de outubro coa posibilidade de darse de baixa, sen que supoña ningún tipo de cargo.

Ademáis, tamén haberá un segundo período de baixa, do 18 ao 29 de xaneiro do 2016, coa correspondente devolución do 50% da taxa.

Máis información:

deportes@vilalba.org

982510761 (Servizo Municipal de Deportes)