ESCOLAS DEPORTIVAS 17-18

Publicado: Venres 15 Setembro 2017
Area: Deportes

Como de costume por estas datas, o Concello de Vilalba pon en marcha as súas Escolas Deportivas Municipais, as cales son un referente comarcal, provincial e autonómico no fomento da actividade física,  e que o ano pasado contaron con máis de 700 alumnos.

Inscrición:

Primeiro prazo: entre o 18 e o 29 de setembro do 2017. Segundo prazo: entre o 15 e o 26 de xaneiro do 2018. Na oficina de deportes e no rexistro do Concello de Vilalba en horario de 9:00 a 14:00 horas, entregando o formulario e o certificado de conta bancaria.

Calendario de actividades:

Inicio das escolas o 9 de outubro do 2017. Remate: 31 de maio do 2018

Períodos para darse de baixa:

Primeiro: do 16 ao 31 de outubro do 2017 (sin cargo en conta). Segundo: do 15 ao 31 de xaneiro do 2018 (devolución do 50% da tasa)

Forma de pago:

Domiciliación bancaria das tasas vixentes según a Ordenanza fiscal nº 33.

Ligazóns de descarga:

Grupos e horarios das distitntas modalidades:  Horarios2017

Formulario de inscrición: Formulario2017