Entroido de verán

Publicado: Xoves 17 Xullo 2014
Area: Cultura Eventos

O 16 de Agosto celebrarase o Entroido de Verán de Vilalba, na parte peatonal da Rúa Basanta Silva. Os organizadores deste evento son os locais de hostalería: Tamanaco, La Casa del Lobo, La Bujía e 31 do DEZ, coa colaboración do Concello de Vilalba. O Entroido contará cun concurso de disfraces. As bases pódense consultar premendo o seguinte link: Bases Entroido de Verán de Vilalba e tamén  nos locais organizadores e nas redes sociais do Entroido de Verán de Vilalba.

Para participar no concurso poderanse apuntar, ata o 16 de Agosto as 16:00 horas, nos locais organizadores ou no email: entroidodeverandevilalba@gmail.com

No concurso establécense 3 categorías: Infantil, Adulto e Grupos ( 5 persoas ou máis ). E os premios para cada categoría son os seguintes:

Infantil:

1º Premio: 50 €
2º Premio: 25 €

3º Premio: 15€

Adulto:

1º Premio: 100
euros

2º Premio: 50
euros

3º Premio: 25
euros

Grupos:

1º Premio: 250 euros

2º Premio: 125 euros

3º Premio: 75 euros

O Entroido de Verán comezará as 17:00 con animación musical na Rúa Basanta Silva, e estarán amenizado pola Charanga BCB. O desfile de disfraces será as 20:00. E ao remate entregaranse os premios.