Entroido 2017

Publicado: Luns 6 Febreiro 2017
Area: Cultura Eventos

O martes 28 de febreiro teremos o concurso de entroido, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila ás 17.30h, amenizado coas charangas de Vilalba e Charanga DGT de Betanzos, e o espectáculo Imperium Road Show.

Posteriormente efectuarase a entrega de premios no templete da Praza da Constitución. O prazo de inscrición comeza o luns 6 de febreiro ata o venres 24 de febreiro, na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas, ou ben através do formulario adxunto.

Para consultar ás bases prema Bases Concurso de Entroido 2017

En caso de condicións climatolóxicas adversas os actos celebraránse na carpa institucional.

ENTERRO DA SARDIÑA

O mércores 1 de marzo terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña, ás 20.30h na Praza da Constitución, organizado pola Escola Municipal de Teatro de Vilalba e co acompañamento musical do Grupo Mato Vizoso.

Prazo de inscrición pechado o venres 24 de de febreiro ás 14h, tal como indican ás bases no seu pto. Terceiro.