Entroido 2016

Publicado: Venres 15 Xaneiro 2016
Area: Cultura Eventos

CARTELES ENTROIDO web2016O martes 9 de febreiro teremos o concurso de entroido, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila ás 17.30h, amenizado coa charanga de Vilalba e Cencerro Nejro.

Posteriormente efectuarase a entrega de premios no templete da Praza da Constitución. O prazo de inscrición comeza o luns 18 de xaneiro ata o xoves 4 de febreiro, na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas, ou ben através do formulario adxunto.

Para consultar ás bases prema BASES DE ENTROIDO 2016

ENTERRO DA SARDIÑA

O mércores 10 de febreiro terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña, ás 20.30h na Praza da Constitución, organizado pola Escola Municipal de Teatro de Vilalba.

Prazo de Inscrición rematado.