Entroido 2013

Publicado: Xoves 17 Xaneiro 2013
Area: Cultura Eventos

O SABADO  16 de febreiro teremos o concurso de entroido, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila ás 17.30, amenizado coa charanga de Vilalba e Cencerro Nejro.

Posteriormente efectuarase a entrega de premios no templete da Praza da Constitución.

O prazo de inscrición comeza o luns día 21 de xaneiro ata o luns11 de febreiro, na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá de luns a venres, de 09:00 a 15:00 horas, ou ben através do formulario adxunto.

Para consultar ás bases prema BASES ENTROIDO 2013

ENTERRO DA SARDIÑA

O mércores 13 de febreiro terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña, ás 20.30h na Praza da Constitución, organizado pola Escola Municipal de Teatro de Vilalba.

O remate entregarase a todos os asistentes un vale canxeable por churros ou chocolate.

AVISO.

Por motivo das inclemencias climatolóxicas suspéndense  o concurso de Entroido de maña martes pasando a celebrarse o vindeiro sábado 16 de febreiro a mesma hora 17.30h. Desculpen as molestias.