Entroido 2012

Publicado: Martes 31 Xaneiro 2012
Area: Cultura Eventos

O martes 21 de febreiro teremos o concurso de entroido, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila ás 17.30. Amenizado coa charanga de Vilalba e Cencerro Nejro.

Posteriormente efectuarase a entrega de premios no templete da Praza da Constitución.

O prazo de inscrición comeza o mércores día 1 ata o día 20 de febreiro, na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá de luns a venres, de 09:00 a 15:00 horas.

Para consultar ás bases prema BASES ENTROIDO 2012

 ENTERRO DA SARDIÑA

O mércores 22 de febreiro terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña, ás 20.30h na Praza da Constitución, organizado pola Escola Municipal de Teatro de Vilalba.

O remate entregarase a todos os asistentes un vale canxeable por churros ou chocolate.