En clave de conto BOCABERTA

Publicado: Martes 18 Xaneiro 2011
Area: Cultura

Dentro do programa da campaña da Secretaría Xeral de Política Lingüística BOCABERTA 2010-2011, no noso concello terá lugar a actividade “En clave de conto” , que consta de dous obradoiros:

 “CONCERTO A NENA E O GRILO”  e “OBRADOIRO EU FALO ASÍ”

O “CONCERTO A NENA E O GRILO”,terá lugar no auditorio Carmen Estévez o próximo sábado 22 ás 18.00h , destinado a educación infantil, primaria e público en xeral, con entrada de balde.

OBRADOIRO EU FALO ASÍ”, terá lugar na Biblioteca Municipal o vindeiro venres 28 ás 18.00h da tarde. Destinado a familias con escolares de 3 a 5 anos, e para o cal é necesario inscribirse con anterioridade. O prazo de inscrición comezará o luns 24 e farase na oficina de cultura do concello.

Consultar programa BOCABERTA