El Show de Susana.

Publicado: Mércores 23 Agosto 2017
Area: Cultura Eventos

O SHOW INFANTIL DE SUSANA, é un espectáculo divertido á vez que pedagóxico, con cancións que rescatan valores tan esenciais como o respecto á natureza, a solidariedade, a educación viaria, a amizade, a hixiene, etc.

O seu espectáculo musical e divertido, onde Susana interactúa cos 16 personaxes infantís que ela creou e cos que comparte escenario durante 75 minutos, fan que se convertira nun reclamo público imprescindible, en calquera programación infantil.

Este venres 25 no auditorio de Vilalba, ás 18:00h, con entrada de balde ata completar aforo.

Público infantil.

 

Actividade pertencente ao programa Cultura no Camiño 2017.

Colaboran:AGADIC (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación) , Turismo de Galicia e GADIS.