El Brujo. “El Lazarillo de Tormes”.

Publicado: Luns 3 Abril 2017
Area: Cultura Eventos

Rafael Álvarez, El Brujo, chega ao auditorio Carmen Estévez para deleitarnos, conmovernos e divertirnos co grande clásico da picaresca da literatura española.

‘El Brujo: El Lazarillo de Tormes’ é unha versión da coñecida novela española da picaresca. Unha comedia na que o protagonista se confesa e expresa os seus sentimentos a través dun monólogo.

‘El Brujo: El Lazarillo de Tormes’ obriga ao espectador a reflexionar sobre temas tan vitaís como a fame, a marxinación ou a infancia, establecendo un tremendo paralelismo entre o mundo do lazarillo co actual ‘Terceiro Mundo’.

As entradas xa están a venda na Casa da Cultura no seu horario habitual, de luns a venres de 11h a 13h e de 17:30h a 21:00h. E sábados de 11h a 13h.

Data: Sábado 6 de maio de 2017

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 20:30h

Entradas prezo único: 15€