El Barbero de Sevilla

Publicado: Luns 11 Febreiro 2013
Area: Cultura Eventos

A compañía da Ópera Internacional de Concerlírica -unha das produtoras de ópera máis importantes de Europa- e a Ópera Nacional de Odessa traen ao Auditorio Carmen Estévez a máis recoñecida e admirada das óperas bufas de todos os tempos. A obra de Rossini, chea de adornos e florituras, presenta unha gran dificultade para os cantantes e require unha interpretación e vocalización rápida e precisa. O libreto, de Cesare Sterbini Romano, basease na obra teatral Le Barbier de Séville do francés Pierre Augustin Caron de Beaumarchais.

A ópera narra os esforzos do conde Almaviva por conquistar a Rosina, que está protexida e vixiada polo seu titor (o Doutor Bartolo). Afortunadamente o conde conta coa axuda de Figaro (o Barbeiro). A compañía do teatro da Ópera Odessa, un dos máis antigos de Ucrania, preséntanos un Barbeiro de Sevilla baixo a dirección musical de Igor Chemestkiy e a dirección de Concerlírica.

A ópera terá lugar o mércores 27 de febreiro ás 20.30h no Auditorio Carmen Estévez, as entradas xa están a venda,  pódense  adquirir en venda anticipada a un prezo de 12€ e en taquilla a un prezo de 15€.

Puntos de venda:  na Oficina de Cultura de 10h a 15h , na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h ,  e no auditorio o mesmo día da actuación.