PROBA CLASIFICATORIA CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DUATLÓN-VILALBA 2012

Publicado: Sábado 10 Marzo 2012
Area: Deportes Eventos

PROBA CLASIFICATORIA PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE DUATLÓN 2012

Lugar, data e horario da carreira:
Polígono industrial de Vilalba.
Sábado 10 de marzo de 2012
Saída categoría benxamín as 16:00h
Saída categoría alevín as 16:20
Saída categoría infantil as 16:50
Saída categoría cadete as 17:30
Hora de remate das probas as 18:15
Distancias:
Categoría benxamín: 0,5 km de carreira a pe – 2 km en bicicleta – 250m de carreira a pe.
Categoría alevín: 1 km de carreira a pe – 4 km en bicicleta – 500m de carreira a pe
Categoría infantil: 1.5 km de carreira a pe – 6 km en bicicleta –750 m de carreira a pe
Categoría cadete: 2 km de carreira a pe – 8 km en bicicleta – 1 km de carreira a pe
Saída, boxes e meta:
No polígono industrial.
Recollida de dorsais:
Na carpa de organización o carón dos boxes desde 45´ antes do comenzo de cada proba ata 10´ antes da saída.
Premios:
Medallas para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.
Normas de competición:
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento de Actividade deportiva en idade escolar 2012 que edita a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.