Dr. QUEEN

Publicado: Luns 7 Xaneiro 2013
Area: Cultura Eventos

Se nunca antes viches a Queen en directo, esta pode ser a túa oportunidade, grazas aos arxentinos Dr. Queen, que actuarán o sábado 9 de febreiro no Auditorio Carmen Estévez. Denominados como a mellor banda tributo do mundo, transportarante á época dourada da inimitable e grandiosa banda inglesa. Un espectáculo difícil de esquecer.

A noite do sábado 9 de febreiro ás 22.00 h, no Auditorio Carmen Estévez, teremos unha cita especial, moi especial para todos os amantes da música de todos os tempos e estilos, unha noite na que poderemos rememorar e gozar dunha das bandas máis grandes da historia do rock, o británicos Queen e quen mellor para facelo, para transportarnos a aquela época? quen podería ser, non existen outros que os denominados pola crítica musical, “como a mellor banda tributo-homenaxe que existe no mundo”, os arxentinos Dr. Queen, que chegan  a Vilalba dentro do que está a ser a súa extensa xira mundial.

Unha ocasión única que ninguén se debería perder, os seus concertos son riscados de máxicos, sorprendentes e espectaculares. Aplaudidos polo público mundial, Dr. Queen son unha viaxe no tempo á época dourada do rock, cando o rock se escribía con letras maiúsculas.

O concerto comezará ás 22.00h no Auditorio Carmen Estévez, o sábado 9 de febreiro, as entradas xa están a venda e pódense  adquirir en venda anticipada a un prezo de 12€ e en taquilla a un prezo de 16€.

Puntos de venda:  na Oficina de Cultura de 10h a 15h , na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h, www. servinova.com ,  e no auditorio o mesmo día da actuación