Documental “O liño arte e Cultura”

Publicado: Martes 9 Abril 2013
Area: Cultura Eventos

Presentación do documental “O liño arte e cultura”, o vindeiro sábado 13 de abril ás 20.30h no auditorio Carmen Estévez, organizado pola asociación de mulleres de San Bartolomeu de Insúa.

O prezo da entrada será de 3€, recadación que irá destinada para Cáritas.

Na sala de exposicións do auditorio pódese visitar desde o sábado 13 ao 18 de abril unha exposición de apeiros e prendas do liño.Con entrada de balde.