Día Internacional das Mulleres

Publicado: Venres 8 Marzo 2013
Area: Eventos Muller

 

Co gallo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres, o Centro de Información ás Mulleres do Concello organiza as seguintes actividades:

 

8 de marzo: Conferencia “A vantaxe de chamarse Pepe: desigualdades de xénero no ámbito laboral” , na que participará como ponente Ángeles Gómez Sánchez-Albornoz e que terá lugar ás 19.00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura.

– 13 e 14 de marzo: Contacontos de igualdade, destinados ao alumnado da Escola de Educación Infantil e de Infantil do CEIP Ínsua Bermúdez e Mato Vizoso, e o alumnado dos CEIP Castelao, Terra Chá e Moseivane. A actividade terá lugar en horario escolar.