Día Internacional contra a violencia de xénero.

Publicado: Mércores 21 Novembro 2012
Area: Benestar Social Muller

 

CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES DO CONCELLO DE VILALBA

O 25 de novembro conmemorase en todo o mundo o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

A prevención e a erradicación da violencia contra as mulleres, non pode vir de accións illadas, e dende o Concello de Vilalba, pretendemos implicar a toda a cidadanía para que amose o seu rexeitamento contra esta intolerable e inxustificable forma de violencia e invitámosvos a participar nas distintas actividades organizadas durante este mes.

PROGRAMA DE ACTOS

OBRADOIRO DE ARTES PLÁSTICAS, DESTINADO A MENORES EXPOSTOS A SITUACIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

O obradoiro terá lugar os días 7 e 14 de novembro de 17:00 a 19:00 h, na Aula de Formación do tercerio andar da Casa do Concello. Será impartida por Natalia Vázquez Pita, Terapeuta Ocupacional e está enmarcada nas actividades levadas a cabo polos Concellos da Rede de Entidades Locais Contra a Violencia de Xénero e subvencionadas pola Secretaría Xeral da Igualdade e a FEGAMP.

XORNADA DE INFORMACIÓN SOCIO-LABORAL, DESTINADA A MULLERES INMIGRANTES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO.

A xornada terá lugar o día 21 de novembro de 10:00 a 14:00h, na Aula de Formación do terceiro andar da Casa do Concello. Será impartida por Nuria Grandío Sández, e está subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

CINEFORUM: PROXECCIÓN DA CURTOMETRAXE “MIENTE” E POSTERIOR DEBATE CO ALUMNADO PARTICIPANTE SOBRE A TRATA DE PERSOAS CON FINS DE EXPLOTACIÓN SEXUAL.

Esta actividade terá lugar no IES Basanta Silva os días 27 e 28 de novembro, e no IES Lois Peña Novo o día 27 de novembro, dentro do horario lectivo dos centros.

Trátase dunha curtometraxe dirixida por Isabel Ocampo, que recibiu diversos galardóns, entres os que destaca o Goya ao Mellor Corto de Ficción en 2009 e Premio ao Mellor Montaxe no Manhattan Short Film Festival, 2009.

LECTURA PÚBLICA DUN MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 27 de novembro ás 19.00 no Salón de Actos da Casa da Cultura se leerá un manifesto contra a violencia de xénero antes de dar paso a proxección do documental VOCES.

CINEFORUM: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “VOCES” E POSTERIOR DEBATE SOBRE A TRATA DE PERSOAS CON FINS DE EXPLOTACIÓN SEXUAL CO PÚBLICO PARTICIPANTE.

A proxección do documental “VOCES”, dirixido por Mabel Lozano, terá lugar o día 27 de novembro ás 19:00 no Salón de Actos da Casa da Cultura.

A proxección e o debate estarán a cargo de SILVIA PÉREZ FREIRE, Socióloga e profesora asociada na Universidade de Vigo dende o 2007. Coordinou durante 5 anos o Centro de Día e Unidade Móbil en Prostitución da desaparecida Asociación Alecrín (2003-2008) na que tivo a oportunidade de desenvolver proxectos sociais europeos e nacionais pioneiros na intervención social con Prostitución así como participar en numerosos congresos e obradoiros como relatora e de CARMEN LAGO FERNÁNDEZ, Axente Social, experta en intervención co colectivo de prostitución e mulleres inmigrantes,  actual  Presidenta da Asociación e coordinadora do Centro de Día e da Unidade Móvil.