DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Publicado: Luns 7 Novembro 2016
Area: Eventos Muller

14572292_1629071934058554_5423582240295496510_nCo gallo do 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, o Concello de Vilalba, xunto con outros dezaseis concellos galegos, vai desenvolver unha campaña de sensibilización social chamada VILALBA EN NEGRO, aberta a toda a vila, na que o tecido comercial e hostaleiro vilalbés serán os protagonistas e a poboación local a principal destinataria.

Pretendemos que os comercios de Vilalba se cubran de negro, que os manequíns e o persoal se convertan en portadores de consignas contra a violencia de xénero.

¿Por que de negro? Porque pensamos que a violencia de xénero sucede de moitas formas, pero a máis drástica é a morte, porque o negro é a cor máis representativa de dor e rabia.

Invitamos a todos as veciñas e veciños de Vilalba a sumarse a esta campaña de sensibilización e rexeitamento da violencia de xénero, porque só coa implicación de todas e todos podemos aspirar a vivir nunha sociedade libre de violencia contra as mulleres.

Máis información en: http://ennegrocontraaviolencia.gal/home