Día do Libro

Publicado: Luns 15 Abril 2013
Area: Cultura Eventos

Con motivo da celebración do “Día do Libro” a Biblioteca Municipal de Vilalba fará socios de balde a todos os que o desexen, tan só terán que levar o DNI e unha foto tipo carné.

O día 22 de abril en horario de biblioteca faranse socios todos os que o desexen a excepción de nenos e nenas con idade comprendida entre (3 a 8 anos) que será o día 23 de abril en horario de 10:00 a 13:00 h e de 16:30 a 17:30 h,   para logo participar nunha sesión de contacontos que terá lugar no salón de actos da Biblioteca Municipal, todos os nenos e nenas que se correspondan con esa idade poderán asistir.

 A Biblioteca dispón de varias salas de lectura, para adultos e nenos onde teñen a oportunidade de ler exercitando o papel de usuarios da biblioteca.

Poden levar libros, documentos sonoros e audiovisuais en préstamo para a casa por un prazo de 14 días, ademais de ter a súa disposición  dúas  salas de informática, que en caso de ser menor de 12 anos poderán  facer uso delas  acompañados do pai, nai ou familiar.