Día do Libro

Publicado: Mércores 5 Abril 2017
Area: Eventos

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO 2017

UN LIBRO POR UNHA CITA_____CONCURSO “LIBRO, CÁMARA E ACCIÓN

UN LIBRO POR UNHA CITA

Para dar visibilidade á conmeración do Día do Libro e animar á cidadanía a que participe na celebración do mesmo, dende o Concello de Vilalba e Culturalia GZ propoñemos unha actividade denominada UN LIBRO POR UNHA CITA.

O seu desenvolvemento será o seguinte:

Entre os días 7 e 21 de abril estarán repartidos entre a Biblioteca Municipal e a Casa da Cultura de Vilalba 24 libros variados (destinados a distintas idades) e numerados, cuxa identidade será unha incógnita xa que estarán perfectamente envoltos. Cada un terá no exterior do envoltorio un papeliño cunha cita pertencente ó mesmo. Solicitamos ós veciños e veciñas de Vilalba que se acheguen a ler estas citas para tratar de descubrir cal é a identidade dos mencionados libros.

Para obter máis información, prema: Un libro por unha cita

Para consultar as citas dos libros prema:CITAS

CONCURSO “LIBRO, CÁMARA E ACCIÓN”

Para a celebración do Día do Libro, o 23 de abril de 2017, o Concello de Vilalba organiza o concurso “LIBRO, CÁMARA E ACCIÓN” destinado a todos os públicos. As bases do mesmo podense consultar en: BASES

Nota: Amplíase o prazo de entrega dos videos ata o venres 21 de abril ás 14:00h.