Día do Libro

Publicado: Martes 19 Abril 2016
Area: Cultura Eventos

Con motivo do “Día do Libro” o Concello de Vilalba ten previsto varios actos, o primeiro terá lugar na Biblioteca Municipal o venres 22 de abril, cunha xornada de portas abertas, na que se farán socios de balde a todos os que o desexen, tan só terán que levar o DNI e dúas fotos tipo carné.
E o sábado 23 na Casa da Cultura, ás 12.00h terá lugar unha lectura continuada de Manuel María, “Manuel María na túa voz”, na que participarán representantes de asociacións culturais e deportivas da localidade, lectura aberta ao público.