Día da Poesía

Publicado: Luns 13 Marzo 2017
Area: Cultura Eventos

O martes 21 de marzo de 2017, ás 20:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba unha lectura de poemas con motivo da celebración do Día da Poesía.

Todas as persoas que o desexen poderán ler poemas de creación propia ou doutros autores (temática libre). Para dita lectura, é preciso inscribirse na Biblioteca Municipal, na Casa da Cultura ou nos centros educativos ata o 17 de marzo.

Estades tod@s convidad@s a participar! Vide ler os vosos poemas!

Haberá agasallos para asistentes e participantes!

Sente a poesía!