DESPREGAMENTO 4G NA BANDA 800 MHZ

Publicado: Martes 2 Febreiro 2016
Area:

Despliegue_800Con motivo da implantación da tecnoloxía 4G, que utiliza a mesma banda de frecuencia que a Televisión Dixital Terrestre (TDT), estanse a producir fallos na recepción das canles da citada Televisión.

Por este motivo, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Orde IET/329/2015, de 26 de febreiro de 2015, estableceu un procedemento de actuación para solucionar dito problema.

Habilitouse un teléfono TOTALMENTE GRATUITO, e unha páxina web, ó que poden chamar os veciños afectados e comunicar a avería. Un técnico especializado pasará polo seu domicilio para solucionar o problema. TANTO A CHAMADA COMO A REPARACIÓN SON TOTALMENTE GRATUITAS.

Teléfono de contacto: 900 833 999

Web: www.llega800.es

Máis información no seguinte tríptico: Llega800 Triptico