Desperta!

Publicado: Luns 30 Novembro 2015
Area: Cultura

DESPERTAPISTACATRO presenta no Auditorio Cármen Estévez de Vilalba o seu espectáculo de Circo DESPERTA!
A compañía galega de novo circo Pistacatro presentará o vindeiro 7 de decembro ás 19.00 horas o seu espectáculo Desperta!, circoteatro e música en directo nunha tarde chea de humor e fantasía no Auditorio de Vilalba.

Espectáculo que tera lugar o luns 7 de decembro ás 19.00h no auditorio Carmen Estévez, cun prezo por entrada anticipada de 5€ e 8€ en taquilla.

Venta anticipada na casa da cultura no seu horario habitual.

Para maiores de 4 anos.