Dani Mateo

Publicado: Domingo 12 Febreiro 2012
Area: Cultura Eventos

O domingo 12 de febreiro ás 19:00 no Auditorio Carmen Estévez, temos a  Dani Mateo con “PK2.0…Que Dios nos pille confesados”….Un a un, Dani Mateo debulla os 7 pecados capitais nun show de 90 minutos de humor, a gula, a soberbia, avaricia…. danse cita no novo show de Dani Mateo, colaborador de “El Intermedio” é considerado como un dos mellores monologuistas do panorama nacional.

Avalado polas críticas e o enorme éxito do público,”PK2.0” chega a Vilalba disposto a deleitar aos seus innumerables seguidores.Unha oportunidade única de gozar de Dani Mateo en directo.

Actuación non  recomendada para menores de 12 anos, e con entrada única de 10€.

As entradas estarán á venda desde o 30 de xaneiro ata o día da actuación, na oficina de cultura do concello de 09.00h a 15.00h, na Casa da Cultura de 11.00h a 13.00h e de 17.00h a 20.00h, e o día da actuación na taquilla.