CURSOS DE NATACIÓN

Publicado: Domingo 15 Outubro 2017
Area: Deportes

Piscina municipal, curso 2017-18.

Cumprindo os prazos previstos, a piscina municipal de Vilalba reabre as súas portas mañá luns 16 de outubro, despois de realizar unha inversión de 260.000 €. Os usuarios poden acercarse a partir das 8:30 horas para adquirir bonos ou realizar a inscrición nos cursos de natación, mentres que a zona de baño abrirá ás 16:00 horas.

O prazo de inscrición nos cursos de natación estará aberto dende mañá luns 16 ata o xoves 26 de oubutro de 2017. As prazas son limitadas e os cursos son trimestrales excepto os indicados cun (*). É obrigatorio formalizar a inscrición de forma presencial na recepción da piscina. Os períodos de duración dos cursos son os seguintes:

  • 1er bimestre: novembro e decembro.*
  • 2º trimestre: xaneiro, febreiro e marzo.
  • 3er trimestre: abril, maio e xuño.
  • Cursos intensivos : xuño e xullo.*

Detállanse a continuación os prezos dos curso:

  • Adulto 2 días: 75€/trimestre.
  • Nenos 2 días: 60€/trimestre.
  • Nenos 1 día: 30€/trimestre.
  • Intensivos: 35€/mes.

Para máis información respecto a horarios, niveis, idades e número de prazas consulten a seguinte ligazón: OfertaCursosPiscinaMunicipal