Curso de accidentes en estrada

Publicado: Xoves 14 Novembro 2013
Area:

 

Este curso de formación está enmarcado en un programa de formación continua para os voluntarios que forman parte de esta Agrupación e que xa fixeron con anterioridade o curso básico, que lle facilita a  capacitación para poder intervir en casos de accidentes de tráfico con feridos atrapados ou afectados por tranasporte de mercadorías perigosas para a saúde ou o medio ambiente. Conta con un programa muy extenso  que imparten profesionais da medicina, da seguridade e de materias que teñen relación coas actividades propias en caso de accidentes de tráfico.

Para facilitar a participación a todolos voluntarios tanto si teñen traballo como si están en paro ou en outra situación laboral, o curso terá un horario que poida ser compatible coa maioria dos voluntarios.

Dia 12 Xoves de 20:00 a 23:00 h. Presentación, accidentes de tráfico  e  excarceración.

Dia 13 Venres de 20:00 a 23:00 h  Seguridade Vial e accidentes.

Dia 14 Sábado de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h, prácticas con equipo de excarceración.

Día 16 Lunes de 20:00 a 23:00 h Primeiros auxilios. Soporte vita básico. Triage

Dia 17 Martes de 20:00 a 23:00 h Traumatismos. Catástrofes. Control do escenario

Dia 18 Miercoles de 20:00 Tecnicas de intervención en accidentes de tráfico

Dia 19 Xoves de 20:00 a 23:00 h Riscos ambientais en accidentes de tráfico

Día 20 Venres de 20:00 a 23:00 h Transporte mercadorías perigosas. Paneis de perigo

Dia 21 Sábado de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 Simulación de intervención en un caso real de accidente de tráfico con diversos casos de feridos e atrapados.