Cruzando libros

Publicado: Xoves 5 Agosto 2010
Area: Cultura Muller

O Centro de Información ás Mulleres colabora no Programa CRUZANDO LIBROS, que ten a súa orixe no Bookcrossing, que é a práctica de deixar libros en lugares públicos para que poidan ser recollidos por outras persoas, que despois farán o mesmo e deste xeito fomentar a lectura mediante un intercambio de libros de maneira gratuita.

No marco desta idea, a Secretaría Xeral da Igualdade e a Consellería de Cultura e Turismo asinaron un acordo de colaboración para o desenvolvemento deste programa que nace co obxectivo de fomentar a lectura entre a poboación galega.

Colaboran nesta iniciativa, ademáis do CIM do Concello de Vilalba, os dos de Arteixo, Ribeira, Padrón, Monforte Verín, Carballiño, Vilagarcía, Lalín e Ponteareas.

Podedes acceder aos recursos bibliográficos do programa CRUZANDO LIBROS nas dependencias do Centro de Información ás Mulleres, situadas na Pranta Baixa da Casa do Concello, de luns a venres en horario de 9 a 14 h.

Prema aquí para consultar o listado de obras dispoñibles (PDF, 1.5 MB).