CONVOCATORIA PRAZA TÉCNICO MEDIO DE XESTIÓN DA ÁREA DE URBANISMO

Publicado: Mércores 24 Xaneiro 2018
Area: Empleo Urbanismo

Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Vilalba, celebrada o día 15 de xaneiro de 2018, aprobáronse as bases de selección e convocatoria dunha praza de técnico medio de xestión para a cobertura temporal, mediante personal laboral ligada á área de urbanismo e a conformación dunha bolsa de emprego.

O prazo de presentación de instancias é de cinco días naturais contados a partir do seguinte á última publicación da convocatoria nos seguintes medios: Portal de transparencia, Tablón de Anuncios del Excmo. Concello de Vilalba, Boletín Oficial da Provincia de Lugo e Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas poderán consultar as bases no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do concello de Vilalba (http://vilalba.sedelectronica.es).

O anuncio das bases foi publicado inicialmente no Diario Oficial de Galicia nº. 21, o martes 30 de xaneiro de 2018, e no Boletín oficial da Provincia de Lugo nº. 025, o mércores 31 de xaneiro de 2018. Tras a publicación da correción de erros das bases de selección e convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia nº. 27, o mércores 7 de febreiro de 2018, e no Boletín oficial da Provincia de Lugo nº. 033, o venres 9 de febreiro de 2018 o prazo para a presentación de instancias comeza o día 10 de febreiro e remata o mércores 14 de febreiro de 2018.

As persoas interesadas poderán descargar a instancia para tomar parte do proceso selectivo da sede electrónica do Concello de Vilalba (instancia xeral) e deberán aportar DNI, título académico requerido, CELGA 4 ou equivalente e documentos acreditativos dos méritos a valorar na fase de concurso.