Contacontos “Contos de medo que deixan durmir”

Publicado: Martes 20 Maio 2014
Area: Cultura Eventos

O venres 13 de xuño, a Biblioteca Municipal de Vilalba ás 18.00 h. acolle un contacontos a cargo da Trastenda dos Contos “Contos de medo que deixan durmir”, dirixido para nenos e nenas en idades comprendidas de 4 a 8 anos.

Ata completar aforo, con entrada libre.

Actividade englobada no programa de Cultura no Camiño 2014, promovida por AGADIC e a Axencia de Turismo de Galicia.