Contacontos. Cocorocó.

Publicado: Luns 8 Maio 2017
Area: Cultura Eventos

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, na Biblioteca Municipal de Vilalba o día 16 de maio, ás 18.00h contacontos protagonizado por Raquel Queizás, dirixido a nenos de 5 a 12 anos. Entrada libre, ata completar aforo.

COCOROCÓ é un berro de loita contra as inxustizas, é un canto que nos fai pensar, respectar e valorar á outra que é diferente a nós para defender a diversidade.

COCOROCÓ é un espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación co público.

Pero…quen canta COCOROCÓ? Unha galiña, pero non unha galiña calquera, non, unha galiña azul.

Si, azul como o ceo, coma o noso mar, unha galiña diferente a todas as demáis.