Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Publicado: Luns 21 Maio 2012
Area: Cultura Eventos

 ACTUACIÓN DO GRAO PROFESIONAL .

Os alumnos de Grao Profesional das especialidades Danza Clásica e Danza Contemporánea bailarán distintas coreografías para todos os públicos. O programa contén obras de repertorio clásico e pezas de nova creación que os alumnos veñen traballando ao longo do curso.

Venres 25 de maio ás 20.30h no auditorio Carmen Estévez, con entrada de balde.

Para consultar o programa, prema:Programa de Danza