Concerto de Zoelas

Publicado: Martes 27 Setembro 2016
Area: Cultura Eventos

zoelasO venres 30 de setembro ás 20.30h no auditorio Municipal Carmen Estévez  teremos actuación musical  de “Zoelas”, actuación que pertence ao programa da Deputación Provincial de Lugo: “Verán Cultural 2016”.

Zoelas é un grupo musical de recente creación que nace na Comarca da Ulloa. O xermolo do colectivo sitúase na Asociación Fiadeira, da que forman parte as integrantes de Zoelas. O nome é collido daquela tribu prerromana que habitaba a zona noroeste da península. Un matriarcado cuxos valores serven ao
grupo de inspiración para moitas das súas composicións.

Para tódolos públicos e con entrada libre, ata completar aforo.