Concerto de Treixadura.

Publicado: Venres 17 Marzo 2017
Area: Cultura Eventos

O sábado 1 de abril, teremos dentro do programa da Festa do Queixo San Simón da Costa o concerto de “Treixadura” a gran referencia da música tradicional en Galicia.

A actuación terá lugar no auditorio Carmen Estévez ás 20:30h, con entrada única de 3€ e venda anticipada na Casa da Cultura, e posteriormente na taquilla do auditorio.

Organiza: Concello de Vilalba.