Concerto de Corais.

Publicado: Luns 8 Maio 2017
Area: Cultura Eventos

O sábado 13 de maio ás 20.30h no auditorio Carmen Estévez teremos un concerto de Corais nas que actuarán ás agrupacións:

_Airiños de Caranza

_ Coral de Pastoriza

_ Coral Polifónica Vilalbesa

e por suposto a organizadora do evento a  Coral Luar. Cada Coral interpretará 4 temas.

Acto que terá lugar no auditorio Carmen Estévez ás 20.30h e con entrada de balde.

Organiza : Coral Luar

Patrocina: Coral Luar e Concello de vilalba

Colaboran: Centro Sociocomunitario de Vilalba , Consellería de Política Social.