Concerto benéfico de Nadal 2014

Publicado: Venres 19 Decembro 2014
Area: Cultura Eventos

A Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba organiza o Concerto Benéfico de Nadal 2014 en colaboración con Cáritas Terra Chá, A.C. Banda de Gaitas Mato Vizoso e o Concello de Vilalba.

A entrada será de balde, pero todo aquel que desexe colaborar coa labor que organiza Cáritas Terra Chá na vila poderá facerlo por medio da aportación dun quilo dun alimento non perecedeiro ou ben a través dun donativo que se poderá realizar nas inmediacións do auditorio tanto ao comezo como ao final do concerto.

O concerto dividirase en dúas partes. Na primeira serán protagonistas as gaitas de Mato Vizoso cun repertorio tradicional galego e algunha que outra sorpresa, tal e como nos teñen acostumados. A segunda parte, amenizada pola banda, estará composta por un programa monográfico de bandas  Sonoras orixinais de grandes filmes da historia do cinema.

O concerto será os o xoves 25 de decembro ás 20:30 no Auditorio Municipal Carmen Estévez.