Concerto benéfico de Nadal 2013

Publicado: Luns 16 Decembro 2013
Area: Cultura Eventos

A Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba organiza para o día 25 de Decembro o seu tradicional concerto de Nadal, pero este ano cunha peculiaridade  posto que  se tratará dun concerto benéfico. A partir das 20:30h no Auditorio Carmen Estévez o público asistente  poderá disfrutar da actuación da  A.C Banda de Gaitas Mato Vizoso e tamén da Banda de Música de Vilalba.

A entrada  será de balde, pero todo aquel que desexe colaborar coa labor que organiza Cáritas Terra Chá na vila o poderá facer por medio da aportación dun quilo dun alimento non perecedeiro ou ben a través dun donativo que se poderá realizar nas inmediacións do auditorio tanto ao comezo como ao final do concerto.

Para consultar o programa prema en: Concerto de Nadal