Ciclo de novos intérpretes

Publicado: Mércores 20 Xullo 2011
Area: Cultura Eventos

 

Co obxecto de impulsar a carreira artística dos novos instrumentistas, a Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba (Lugo) en colaboración coa Deputación de Lugo, a Concellería de Cultura do Concello de Vilalba e o Centro Cultural de Vilalba organiza o Ciclo de Novos Intérpretes. Desenvolverase durante os meses de setembro a decembro de 2011.    

Os interesados deberán enviar as súas solicitudes antes do 15 de Agosto  de 2011 á Asociación Cultural Banda de Música de Vilalba, Apartado de Correos Nº37, 27800 Vilalba (Lugo). Correo electrónico:  bandavilalba@hotmail.comPara máis información prema: Boletín Ciclo de Novos Intérpretes