Ciclo de monólogos

Publicado: Sábado 5 Maio 2012
Area: Cultura Eventos

Para rematar o ciclo de monólogos, este domingo 20 ás 19.30h no auditorio Carmen Estévez, visítanos Luís Zahera e Manuel Manquiña, dous monólogos inocentes, que tratan:

“A crise económica, a televisión e a ciencia, o amor e a família. Tódolos temas do noso tempo, tratados con bo humor e sarcasmo, coa linguaxe descarada e intelixente de dous humorístas que non che deixarán indiferente. A vida dun, a mala vida do outro. O guapo e o feo, o bon e o malo,… pero ¿quén é quén?”

Humor ao borde do abismo.

Descarga emocional e alivio.

As entradas xa están a venda, na Oficina de Cultura de 10h a 15h, e na Casa da cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h.

Prezo: 10€

NON RECOMENDADO  PARA MENORES DE 13 ANOS.