CHARLA MEDICINA DEPORTIVA

Publicado: Luns 18 Setembro 2017
Area: Deportes Eventos

Sábado 30 de setembro as 19:00 horas na Casa da Cultura.

 

Actividade de balde organizada por Biciclistas Galegos coa colaboración do Concello de Vilalba. Esta charla correrá a cargo de Xoán M. Rodríguez Bastida, Licenciado en Medicina e Ciruxía (Especialista en Medicina e Fisioloxía do deporte).

Foi médico de equipos ciclistas profesionais como o Xacobeo Galicia, Euskaltel, Relax Fuenlabrada, entre outros. Actualmente traballa con numerosos deportistas de alto nivel e é médico das seleccións galegas de fútbol.