Certame de Poesía “Nadal 2017”

Publicado: Martes 28 Novembro 2017
Area: Cultura Eventos

 

A Biblioteca Municipal de Vilalba, convoca como cada ano por estas datas o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2017” (fase local), Certame que consta de tres categorías: A, ata 8 anos B, de 9 a 11 anos, C,de 12 a 16 anos. Aberto o prazo para a presentación dos poemas ata o 22 de decembro, na propia Biblioteca Municipal de Vilalba.

Pode obter as bases e folla de inscrición na web ou recollelas na propia Biblioteca.

Para consultar as bases prema en BASES, para obter a folla de inscrición que debe ir adxunta co seu poema, prema: Inscrición

Horario da Biblioteca Municipal: mañas de 10h a 13h e tardes de 16.30h a 20.30h de luns a venres.