Certame de Poesía Infantil “Nadal 2013”

Publicado: Xoves 14 Novembro 2013
Area: Cultura Eventos

A Biblioteca Municipal de Vilalba, convoca como cada ano por estas datas o Certame De Poesía Infantil “Nadal 2013” (fase local),  Certame que consta de tres categorías que van desde os 8 ata os 16 anos inclusive, tendo de prazo para a inscrición ata o 13 de decembro e para a entrega de traballos ata o 20 de decembro,  na propia biblioteca municipal de Vilalba.

Pode obter as bases e folla de inscrición  na web ou recollelas  na propia Biblioteca.

Para consultar as bases  prema en BASES, para a folla de inscrición prema: INSCRIPCIÓN.

Horario da Biblioteca Municipal:  mañas de 10h a 13h e tardes de 16.30h a 20.30h.