Certame de Poesía Infantil “Nadal 2012”

Publicado: Martes 20 Novembro 2012
Area: Cultura

A Biblioteca Municipal de Vilalba, convoca como cada ano por estas fechas o Certame De Poesía Infantil “Nadal 2012” (fase local),  Certame que consta de tres categorías que van desde os 8 ata os 16 anos inclusive, tendo de prazo para a inscrición ata o 14 de decembro e para a entrega de traballos ata o 24 de decembro,  na propia biblioteca municipal de Vilalba.

Pode obter as bases e folla de inscrición na web ou recollelas  na propia Biblioteca.

Para consultar as bases  prema en BASES, para a  folla de inscrición prema: INSCRICIÓN.

Horario da Biblioteca Municipal:  mañas de 10h a 13h e tardes de 16.30h a 20.30h.