Centenario das Irmandades da Fala en Vilalba

Publicado: Martes 7 Xuño 2016
Area: Cultura Eventos

índiceO vindeiro SÁBADO, 11 de xuño, estará todo o día en Vilalba O BUS DAS IRMANDADES DA FALA (iFala), co gallo do Centenario da fundación da primeira Irmandade da Fala. Este autobús, de dous niveis, recorrerá todas as cidades e vilas de Galicia nas que existiron Irmandades da Fala, grazas a unha iniciativa de Ora Galega e da Área de Cultura da Deputación de A Coruña, na que colaborou a Mesa pola Normalización Lingüística.

En Vilalba, onde se constituíu en novembro de 1916 a 5ª Irmandade da Fala (a 1ª, seis meses antes, en A Coruña), o BUS estará situado ao pé do templete da Praza da Constitución e poderá visitarse, de balde, de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Contará coa achega e a colaboración do (IESCHA), que organizará ao longo dese día as seguintes actividades:

POLA MAÑÁ

De 11:00 a 11:30.- Actuación de BUXOS VERDES.

De 11:30 a 12:00.- Lectura continuada de poemas e outros escritos de varios “irmáns da fala” (Parte 1ª), á que están convidadas todas as persoas que queiran facelo.

De 12:00 a 12:30.- Actuación de BUXOS VERDES

De 12:30 a 13:00.- Lectura continuada de poemas e outros escritos de varios “irmáns da fala” (Parte 2ª), á que se convida á todas as persoas que desexen participar.

De 13:00 a 14:00.- Actuación do gripo vilalbés IRMANDADES DO FALO

POLA TARDE

De 18:00 a 19:00.- PASEO DAS IRMANDADES, visitando as casas nas que viviron:

– Lois Peña Novo, cofundador da Irmandade da Fala de Vilalba.

_ Manuel Mato Vizoso

_ Carmiña Prieto Rouco

– Antón García Hermida, cofundador da Irmandade da Fala de Vilalba.