Carapuchiña Vermella.

Publicado: Luns 22 Agosto 2016
Area: Cultura Eventos

carapuchiñaFO martes  23 de agosto, no auditorio Carmen Estévez ás 19.00 h.  teremos o musical de Carapuchiña Vermella a cargo de Educa Teatro Producións, actividade dirixida ao público familiar e gratuíta.

Ata completar aforo, con entrada libre.

Sinópse.

Carapuchiña é unha nena duns 9 anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da súa avoa para levarlle unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce.

Na súa viaxe atoparase a un leñador, unhas árbores bailarinas e cun lobo… que fará das súas para intentar papala.

Toda a historia está narrada por Prácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir traballará arreo para escribir o conto máis bonito do mundo: Carapuchiña Vermella.

Actividade englobada no programa de Cultura no Camiño 2016, promovida por AGADIC e a Axencia de Turismo de Galicia, coa colaboración de Gadis.