Cantigas e Agarimos. “Balbino”

Publicado: Xoves 28 Setembro 2017
Area: Cultura Eventos

Balbino”, o novo espectáculo da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, chega ao auditorio de Vilalba o domingo 15 de outubro.

Espectáculo que conxuga baile e música como recursos obvios, así como outros non tan previsibles pero enormemente relevantes, que acompañan a un reparto de máis de 90 artistas para situar ao público no escenario vital dun neno de aldea, pero dende un punto de vista orixinal. A novela “Memorias dun neno labrego”, do recentemente finado Xosé Neira Vilas, serve como punto de partida para crear unha proposta multidisciplinar que medra ao longo das diferentes escenas que reflexan a sociedade galega de mediados do século XX: as clases sociais, o éxodo, os costumes ou a rebelión reprimida.

Data: Domingo 15 de outubro de 2017

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 20:30h

Duración aproximada: 1h e 20 minutos.

Entrada única: 10 (en Ataquilla.com e na Casa da cultura) e o día da actuación na taquilla do auditorio.

Para todos os públicos.

Actividade pertencente ao programa Danza 3 que promove AGADIC .

Colaboran:AGADIC (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación) e Xunta de Galicia.